jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Preguntan pola renuncia do Concello a unha subvención de 46.371 euros concedida polo Goberno central

Preguntan pola renuncia do Concello a unha subvención de 46.371 euros concedida polo Goberno central
Preguntan pola renuncia do Concello a unha subvención de 46.371 euros concedida polo Goberno central

A axuda fora concedida para un proxecto de “Implantación de compostaxe  comunitaria en Santiago de Compostela”, no que se prevía un investimento total de 111.992 euros

O Grupo Popular vén de formularlle unha pregunta ao Goberno municipal co fin de coñecer en detalle os motivos que levaron á Xunta de Goberno do pasado 30 de novembro a acordar a renuncia a unha subvención do Ministerio de Transición Ecolóxica, concedida a finais do ano 2017 por importe de 46.371 euros, para desenvolver un proxecto de “implantación de compostaxe comunitaria en Santiago de Compostela”, ao que se prevían destinar finalmente 111.992 euros.

Segundo consta no expediente de renuncia, esta xorde “debido a que non solicitou ningunha prórroga para a execución de dita axuda e o prazo expirou o 18 de outubro de 2019”, engadindo que “en ausencia de xustificación da execución do proxecto no prazo correspondente, que rematou o 13 de xaneiro de 2020, procede que dende o Concello de Santiago se renuncie á axuda concedida”.

Para os Populares, resulta insólito que o Goberno dun partido que subscribiu en novembro de 2016 a adhesión do Concello á “Rede estatal de entidades locais pola compostaxe doméstica e comunitaria” co compromiso explícito de “incrementar as experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria na política local de residuos”, acorde a renuncia a unha subvención orientada precisamente a este fin.

Cómpre lembrar que non é esta a primeira nin a única axuda perdida polo Goberno local. Sen ir máis lonxe, no Pleno de outubro pasado o Goberno recoñecía, en resposta a unha iniciativa do Grupo Popular, que polas dificultades para cumprimentar os requisitos das bases se vira obrigado a renunciar a unha asignación de 47.377 euros que tiña concedida pola Xunta de Galicia para a melloras dos camiños rurais no termo municipal ao abeiro do Plan Marco 2020-2021, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Comentarios
Lo más