O tempo sigue arrefriando en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os -2 e os 8 graos
O mércores mantense sobre Galicia o aire frío, aínda que se irá recuperando a influencia anticiclónica, polo que se agarda unha xornada de tempo moi frío e seco. Así, comezaremos o día con bancos de néboa que deixarán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes baixas no norte da provincia de Lugo, onde se rexistrarán chuvasco illado e ocasional. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con xeadas xeneralizadas, especialmente intensas en zonas altas. O vento soprará frouxo do nordés.
En Santiago, ceos con nubes e claros ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o venres pola noite. En canto ás temperaturas, serán baixas para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.