jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos levan a ilusión por toda a comarca de Santiago

Os Reis Magos levan a ilusión por toda a comarca de Santiago
Os Reis Magos levan a ilusión por toda a comarca de Santiago

Unha forma diferente, pero ningún neno quedou sen ver aos Reis

O Reis Magos de Oriente visitaron este martes durante toda a mañá as 19 parroquias que forman o Concello de Touro. En cada unha das parroquias entregaron a nenos e nenas caramelos e agasallos. O percorrido comenzou en Quión ás 10.45 horas. E seguiu en Beseño, Turces, Circes, Calvos, Santirso de Cornado, Andeade, Novefontes, Fao, Riveira, Enquerentes, Fontes Rosas, Loxo, Bama, Prevediños, Foxás, Bendaña e Vilar. O visita rematou na capital do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Alí os Reis Magos chegaron ata o campo da festa, onde recibieron aos nenos e nenas que esperaban por eles. Entregáronlles caramelos e agasallos. 

20210105 170745


Durante todo o percorrido mantivéronse as medidas sanitarias de distancia social, desinfección de mans e uso de máscara para manter afastada á Covid19. Este ano os veciños e veciñas de Touro non poideron recibir aos Reis Magos no Pavillón de Deportes, onde tradicionalmente se instalaba o Belén Viviente. A pandemia evitou esta celebración, que concentraba a nenos e nenas de todas as parroquias de Touro e tamén doutros concellos.

En autobús por Brión

Os Reis Magos visitaron as nove parroquias de Brión, a bordo dun autobús de época e repartindo lambonadas entre os pequenos. A xornada comezou con complicacións, pois as fortes xeadas da noite impediron á comitiva real chegar ata o primeiro punto de encontro: Cornanda, a onde chegaron unha hora despois e a bordo do coche de Protección Civil.

Pedrouzos




Esa incidencia non impediu que as Súas Maxestades foran recuperando tempo, ata rematar en Boullón na hora prevista. Para a tarde quedan as visitas á parte baixa do municipio, xa sen problemas de xeo. O percorrido da tarde deu comezo ás 16:00 horas no adro da Igrexa de Bastavales, para continuou ás 17:00 horas na contorna da capela de San Salvador. Despois, a comitiva fixo dúas paradas na parroquia dos Ánxeles: ás 17:45 horas na contorna da capela do Tremo e ás 18:45 horas no adro da Igrexa dos Ánxeles. O percorrido rematou ás 19.45 horas na carballeira de Santa Minia.

Os Reis Magos reciben na Casa da Cultura aos nenos e nenas de Lousame

As restricións sanitarias decretadas polo comité clínico da Consellería de Sanidade obrigaron ao Concello de Lousame a modificar a súa programación cultural para estes primeiros días de xaneiro. Así, ademais da suspensión das visitas en tren  turístico para a rapazada, tamén se anulou a tradicional cabalgata de Reis polas parroquias.

No seu lugar, a Casa da Cultura de Lousame acolleu  unha recepción cos Reis Magos, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Para evitar aglomeracións de xente, o Concello de Lousame estableceu un sistema de reserva da entrada gratuíta para a recepción. Deste xeito, cada veciño e veciña que quixese asistir puido reservar a hora que máis lle conviña.

IMG 20210105 125219



As visitas realizaronse en grupos moi reducidos, de acordo ao aforo limitado que xa dispón o auditorio da Casa da Cultura e con paradas para a desinfección do lugar. Así mesmo, as persoas que están a asistir, tanto rapazada como persoas adultas, usaron máscara, manteron a distancia de seguridade e desinfectaron mans e calzado na entrada, onde se lles tomou a temperatura.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinalou que “dende o Concello de Lousame esforzámonos por manter viva a ilusión destas datas e por apostar pola organización da cultura nunha contorna segura. Por iso, malia que este ano tivemos que renunciar a tradicional cabalgata dos Reis Magos, si que puidemos deseñar un formato de recepción para nenos e nenas con estritas medidas de seguridade”.  

Os Reis tamén pararon en Oroso


As súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegaron ao Concello de Oroso, onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Mirás Franqueira, e o grupo de goberno local. “Benvidos a Oroso, os nenos e nenas esperaban a vosa chegada desde hai moitos días, chegades a un concello acolledor onde pasaredes unha boa xornada”, afirmou o alcalde.

3

Este ano, o concello organizou unha recepción no pavillón municipal, respectando todos os protocolos e recomendacións sanitarias. As súas maxestades de Oriente recibirán durante a xornada a todos os nenos e nenas de Oroso que desexen pasar a saudalos, acompañados dunha ou dúas persoas como máximo.





Comentarios
Lo más