jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Padrón non organizará este ano cabalgata de Reis como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19

Difundirá un vídeo das Súas Maxestades a través das Redes Sociais

O Concello de Padrón  non organizará a tradicional cabalgata de Reis, como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19 nas últimas semanas e que teñen ao municipio en situación de vixilancia especial por parte do comité clínico da Consellería de Sanidade. 

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “tiñamos preparado facer unha cabalgata polas parroquias para así evitar aglomeracións pero diante do aumento de casos e seguindo os consellos das autoridades sanitarias finalmente tomamos a decisión de non facela este ano para evitar riscos e previr a extensión do virus”. O Concello de Padrón divulgará mañá martes a través das súas redes sociais un vídeo das Súas Maxestades dirixido aos nenos e nenas do municipio.

Así mesmo, o Concello de Padrón informa da suspensión do Concerto de Reis da Banda Municipal de Padrón, previsto para este mércores 6 de xaneiro, debido á evolución da pandemia sanitaria.

Comentarios
Lo más