jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A chuvia da un respiro, o frío non

A chuvia da un respiro, o frío non
A chuvia da un respiro, o frío non

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os -1 e os 7 graos

O martes Galicia quedará nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, manténdose o aire frío de xornadas anteriores. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa que deixarán paso a ceos despexados na metade sur e con alternancia de nubes e claros na metade norte. Agárdanse chuvascos illados e ocasionais no norte das provincias da Coruña e Lugo, de neve en cotas arredor dos 500 metros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, polo que se formarán xeadas que serán localmente fortes e persistentes en zonas altas, e as máximas quedarán sen cambios significativos, de novo moi frías. O vento soprará frouxo do nordés.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o martes pola mañá. As temperaturas serán baixas para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Comentarios
Lo más