jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os pensionistas non fallan un luns máis no Obradoiro

Os pensionistas non fallan un luns máis no Obradoiro
Os pensionistas non fallan un luns máis no Obradoiro

En defensa dunhas pensións dignas

Este luns, catro de xaneiro, a Plataforma Pensionistas Compostela volveu a concentrarse ás doce da mañá na praza do Obradoiro en defensa dunhas pensións dignas e duns servizos sociosanitarios a maiores e dependentes, públicos e de calidade.  

"Volvemos porque tampouco podemos silenciar que son moit@s @s pensionistas que viven no limiar da pobreza, moitas as mulleres que sofren a fenda de xénero en salarios e pensións, moitas as  viúvas que seguen sen cobrar o 100% da súa base reguladora, e que seguen a esperar que a Reforma do Sistema de Pensións  poña fin a tales situacións", apuntan dende a Plataforma.


Comentarios
Lo más