Los Reyes Magos ya han hecho parada en Ames
Acompañados de membros de Protección Civil de Ames, e coa colaboración das Asociacións Veciñais do Rural, os Paxes dos Reis Magos recollerán as cartas dos nenos e nenas que viven nos núcleos do rural
Os Reis Magos xa están en Ames e desde este sábado e até o día 5 de xaneiro reciben aos nenos e as nenas de Ames nos Pavillóns Municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. É importante ter en conta que este ano, por mor das condicións sanitarias que impón a COVID19, e para poder organizar a visita aos Reis Magos do día 5 de xaneiro con todas as medidas de seguridade, estableceuse un sistema de cita previa. Para pedir cita hai que facelo a través da sede electrónica do Concello, dentro do apartado "Solicitar cita previa". Cada unha das citas é para unha unidade familiar.
Podes pedir cita previa a través de este enlace
e despois seguir estes pasos:
• Seleccionar segundo desexe "Reis Magos Bertamiráns" ou "Reis Magos O Milladoiro".
• Marcar o día 5 de xaneiro e darlle a Ver dispoñibilidade. Aparecerán 4 opcións, que deberán despregarse para consultar se hai oco libre no horario que mais lle conveña.
Horarios de Recepción Real
Os horarios para ver aos Reis o sábado 2, domingo 3 e luns 4 de xaneiro será de mañá, de 11:30h a 14.00 horas, e de tarde, de 17:00h a 20:30 horas. Para o martes 5 de xaneiro o horario de recepción Real será pola mañá o mesmo, de 11.30h a 14.00 horas, e pola tarde ampliase media hora, polo que será de 16.30h a 21.00 horas.