jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os Reis Magos visitarán as parroquias do Pino o martes

Os Reis Magos visitarán as parroquias do Pino o martes
Os Reis Magos visitarán as parroquias do Pino o martes

Non haberá recepción no polideportivo de Reboredo, como en anos anteriores

Este martes, 5 de xaneiro, os Reis Magos volverán percorrer un ano máis as parroquias do Pino para saudar a todos os nenos e nenas que queiran velos. Por este motivo, en Arca visitarán cinco puntos diferentes para repartir ilusión entre a cativada. Este ano non haberá a recepción no polideportivo municipal, e respectaranse as normas sanitarias para evitar a propagación da covid-19.

Melchor, Gaspar e Baltasar farán o percorrido tradicional polas parroquias do Pino, empezando en Pereira ás 10.45 horas. Despois visitarán Castrofeito, Budiño, O Pino, Gonzar, Medín, Pastor e Lardeiros, pola mañá. Pola tarde pasarán por San Breixo, San Mamede, Cerceda e Cebreiro, antes de chegar a Arca. Na capital municipal pasarán polo campo da festa, pola igrexa, a explanada da rúa Fontela, a praza de Forcarei e rematarán na praza do Concello.

Dende o Concello pídeselle as familias que respecten en todo momento a distancia de seguridade e que acudan a un só lugar para ver aos Reis Magos, para evitar aglomeracións. Un equipo de voluntarios que colaboran coa organización estarán en cada punto para que se respecten as medidas sanitarias.

Os horarios previsto para que o martes, día 5 de xaneiro, os Magos de Oriente visiten as parroquias do Pino é o seguinte:

10.45....... Pereira............................ Campo da festa

11.15....... Castrofeito....................... Escola de Santiso

11.45....... Budiño............................. Campo da festa

12.00....... O Pino............................. Campo da festa

12.30....... Gonzar............................ Campo da festa

13.00....... Medín.............................. Campo da festa

13.25....... Pastor............................. Campo da festa

13.50....... Lardeiros.......................... Campo da festa

16.00....... San Breixo........................ Campo da festa

16.30....... San Mamede...................... Campo da festa

17.00....... San Miguel Cerceda.............. Igrexa

17.30....... Cebreiro.......................... Campo da festa

18.00....... Arca................................ Campo da festa

18.20....... Arca................................ Igrexa

18.45....... Arca................................ Explanada rúa Fontela

19.10....... Arca................................ Praza de Forcarei

19.30....... Arca................................ Praza do Concello

Comentarios
Lo más