jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Oroso entrega as bolsas deportivas aos deportistas individuais

Oroso entrega as bolsas deportivas aos deportistas individuais
Oroso entrega as bolsas deportivas aos deportistas individuais

O Concello de Oroso fixo unha recepción no complexo deportivo municipal para recoñecer o esforzo, dedicación e gran

traballo dos 10 deportistas premiados polo concello coas becas de axuda a deportistas individuais.

No acto participaron o alcalde, Manuel Mirás Franqueira, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira. Entregaron un diploma a cada un, agradecéndolles tamén ás familias o esforzo que lles adican.

Os beneficiarios das bolsas son Sara Gacio; Sara Soneira; Pablo Figueira; Valeria Batire Guridi; Martín Fernández; Uxío Pampín; Esteban Rodríguez; Sara Juncal; Sara Domínguez, y Amancio Espiñeira.

Trátase de bolsas para fomentar a práctica deportiva e a participación nas competicións oficiais dos deportistas.

É a primeira vez que o concello concede bolsas individuais a deportistas. Para o Concello de Oroso, o deporte e os hábitos de vida saudables son prioridades na acción de goberno.

Estas bolsas únense ás subvencións de 120.000 euros que o concello repartiu entre os clubes deportivos e as asociacións culturais.

Comentarios
Lo más