A semana comeza con sol
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 15 graos
Galicia quedará durante o luns baixo influencia anticiclónica, co anticiclón situado ó sudoeste de Irlanda. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes altas que non impedirán o paso do sol. Ás primeiras horas non se pode descartar algún chuvasco illado e ocasional no sur de Galicia. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán lixeiros ascensos das. O vento soprará do nordés, frouxo en xeral, moderado no litoral norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso lixeiro.