miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo en calma en Compostela

Domingo en calma en Compostela
Domingo en calma en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 15 graos

A borrasca que se situará durante o sábado ó oeste de Galicia, irase movendo durante o domingo cara ó sur. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos ocasionais, máis probable canto máis ó sur. As temperaturas mínimas terán lixeiros ascensos, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente leste, moderados na costa e máis frouxos no interior.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados.  As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más