miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Andaina pola igualdade con 70 participantes no Pino

Andaina pola igualdade con 70 participantes no Pino
Andaina pola igualdade con 70 participantes no Pino

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais leron o manifesto antes de percorrer os 5 km

O Concello de O Pino xuntou na área recreativa da Magdalena a 70 persoas na Andaina pola Igualdade para poñerlle punto e final á violencia de xénero. Con esta actividade concluíron os actos programados polo Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Os e as participantes saíron por grupos familiares, con marxe de tempo suficiente para respectar a distancia de seguridade, e percorreron 5 quilómetros preto da área recreativa da Magdalena, onde comezou e rematou esta proba.

Antes de iniciar a andaina, o alcalde, Manuel Taboada, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Vázquez, leron a declaración institucional do 25 de novembro, co que o Concello de O Pino manifesta contra a violencia de xénero. “Debemos impedir os intentos de xustificar, minimizar, banalizar ou ocultar a violencia de xénero, ademais de denunciar calquera tipo de maltrato cara a muller e visibilizar uns agresores que non nos representan na construción da sociedade que queremos, asentada sobre os principios de liberdade, de xustiza e de equidade”, sinala o manifesto.

Comentarios
Lo más