miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela di adeus á chuvia

Compostela di adeus á chuvia
Compostela di adeus á chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 15 graos

O xoves a borrasca retirarase cara ao sur, deixando a Galicia nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente leste. Así, agárdanse ceos máis máis abertos polo norte, con máis nubes na metade sur con algunhas precipitacións no sur de Ourense . As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos no interior e moderados na costa.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más