La comarca expresa su rechazo a la violencia contra la mujer en la conmemoración del 25N
Un acto que tivo lugar diante da casa consistorial, fronte a unha gran pancarta coa lenda “A árbore do bo trato”, campaña de prevención da violencia contra as mulleres levada a cabo polo Concello de Lousame en colaboración co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.Silvia Agrafojo asegurou que “dende o Concello de Lousame seguiremos traballando para conseguir que a erradicación da violencia de xénero sexa unha realidade.
A praza do Concello de Brión acolleu a concentración conmemorativa do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na que participaron unha trintena de persoas. Todas elas levaban camisetas, máscaras, chapas ou calquera outro tipo de prenda incluídas na campaña “Brión en negro”, á que por terceiro ano consecutivo se adheriu o consistorio brionés.
A concelleira de Cultura, Sandy Cebral, foi a encargada de dar lectura a un manifesto institucional no que puxo de manifesto que “o confinamento domiciliario ao que obrigou a emerxencia sanitaria, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres, fíxollas se cabe máis difícil”. Así mesmo, advertiu que o asasinato de 41 mulleres e 3 menores “non pode ser celebrada. Estamos tan afeitos a estes datos que non reparamos no que significan: 44 vidas arrebatadas pola sen razón”.
Reparto de material en Frades
O Concello de Frades conmemorou este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, repartindo camisetas, adhesivos e carteis coa lenda “Todo está na nosa man” e o logotipo deseñado por Rubén Fariñas, alumno de 2º da ESO do IES de Ponte Carreira.
Un reparto que se centralizou no colexio, da man do concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa. Porén, á campaña tamén se sumaron non só os empregados municipais e os integrantes da brigada de Obras, senón tamén distintos negocios e entidades de Frades.
Lousame sigue apostando pola educación en igualdade como medida para erradicar a violencia machista
Unha vintena de persoas participaron en Lousame na lectura do Manifesto contra a Violencia Machista, realizado pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo. Un acto que tivo lugar diante da casa consistorial, fronte a unha gran pancarta coa lenda “A árbore do bo trato”, campaña de prevención da violencia contra as mulleres levada a cabo polo Concello de Lousame en colaboración co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade.
Silvia Agrafojo asegurou que “dende o Concello de Lousame seguiremos traballando para conseguir que a erradicación da violencia de xénero sexa unha realidade. E como a igualdade real se consegue traballando cos nenos e nenas dende ben pequenos, dende o Concello traballamos conxuntamente co CPIP Cernadas de Castro a través de distintos proxectos educativos nos que, dende infantil ata a ESO, o alumnado recibe uns valores e unha educación en igualdade que darán o seu froito no futuro. Niso baseouse esta campaña, “A árbore do bo trato”, en que primeiro hai que sementar para recoller o froito, que podedes ver tanto na web municipal como nas redes sociais”.