Comezan a aparecer as nubes en Compostela
08:00 23/11/20
08:00 23/11/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 19 graos
O luns Galicia estará nunha situación de pantano barométrico. Polo tanto, teremos despexado en xeral, con nubes de tipo medio e alto co avance do día. As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas. O vento estará prácticamente en calma.
En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.