miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reclaman obras de seguranza viaria para mellorar os accesos do CEIP Quiroga Palacios

Reclaman obras de seguranza viaria para mellorar os accesos do CEIP Quiroga Palacios
Reclaman obras de seguranza viaria para mellorar os accesos do CEIP Quiroga Palacios

Goretti Sanmartín pide que o concelleiro se reúna coa comunidade educativa para estudar a construción dunha pasarela para que o alumnado non se molle cando vai ao pavillón deportivo 

O BNG reclámalle ao concelleiro de Educación que realice as xestións necesarias para acondicionar as inmediacións do CEIP Quiroga Palacios, para acometer as obras de seguranza viaria da contorna e ademais se reúna coa comunidade educativa para estudar a construción dunha pasarela para que o alumnado non se molle cando vai ao pavillón deportivo.

O BNG púxose en contacto coa ANPA  do CEIP Quiroga Palacios logo de que advertise de que nenos e nenas acoden ao colexio pola rúa Monte de Conxo por un acceso inseguro, debido ao estado lamentábel con casas en ruínas, por unha vía chea de sucidade e na que aparecen ratas e cans soltos. Á parte deste problema diario tamén se engade a falta de seguranza viaria da contorna xa que non hai beirarrúas nin pasos de peóns.

Por outra parte, as nenas e os nenos deste centro tamén fan a diario un percorrido entre o colexio ou comedor ao pavillón onde acoden a facer as actividades deportivas. Os  días de choiva as crianzas móllanse posto que o traxecto non está cuberto polo que reclaman a construción dunha pasarela para gorecerse das inclemencias meteorolóxicas durante o curso escolar.

Comentarios
Lo más