Continúan os ceos despexados en Compostela
08:00 22/11/20
08:00 22/11/20
As temperaturas oscilarán entre os 6 e os 7 graos
Galicia continuará o domingo baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceo despexado en xeral. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con predominio da compoñente sur.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o martes pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable.