miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Martes soleado con final pasado por auga

Martes soleado con final pasado por auga
Martes soleado con final pasado por auga

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 19 graos

O martes Galicia manterase na influencia das altas presións, coa chegada dunha fronte ao final do día que entrará polo oeste da Comunidade. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. A partir de media tarde as nubes baixas entrarán polo litoral atlántico e á noite chegarán as chuvias ás provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados con momentos moi anubrados ou con nubes e claros. Haberá precipitacións o martes pola noite e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más