miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación Área Empresarial do Tambre inicia unha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago

A Asociación Área Empresarial do Tambre inicia unha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago
A Asociación Área Empresarial do Tambre inicia unha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago

Os puntos de recollida están abertos a partir deste luns na explanada do Centro Empresarial do Tambre, no Cash Galicia e Cash Record e no propio Banco de Alimentos

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) pon en marcha desde este luns unha campaña de recollida de alimentos a favor do Banco de Alimentos de Santiago de Compostela.

A crise sanitaria que se está a vivir actualmente, causada pola pandemia da covid-19, desencadeou unha crise económica na que moitas persoas están a ter dificultades para acceder a bens básicos e mesmo a alimentos.

A Asociación considera que todas as persoas poden contribuír a mudar esta situación. Os interesados en botar unha man poden deixar alimentos nos diferentes puntos de recollida dispersos pola Área Empresarial do Tambre:

  • Punto de recollida, situado na explanada ao carón do Centro Empresarial do Tambre (vía Edison, 1) 
  • Cash Galicia, na rúa País Vasco, 19 (zona A SIONLLA)
  • Cash Record, na vía Edison, 20 (zona TAMBRE)
  • Banco de Alimentos de Santiago (vía Edison, 8)
  • A campaña está aberta a todos os asociados e asociadas do entidade empresarial, é dicir, aos empresarios e  traballadores, ademais de a calquera cidadán que queira colaborar. A iniciativa dispón dun cartel informativo que as empresas do polígono poden poñer nunha zona visible das súas instalacións para favorecer a participación.

    Comentarios
    Lo más