miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Yolanda Díaz ve "marxe de mellora" nas partidas do PGE para Galicia

Yolanda Díaz ve "marxe de mellora" nas partidas do PGE para Galicia
Yolanda Díaz ve "marxe de mellora" nas partidas do PGE para Galicia

A ministra de Traballo manifestou que considera "dificilmente explicable" a postura do BNG, que presentou a súa propia emenda á totalidade a uns orzamentos contra os que, segundo Díaz, "non hai proposta alternativa".

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, defendeu o diálogo con EH-Bildu para aprobar uns Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que, di, contan con "marxe de mellora" nas partidas dedicadas a Galicia a través da negociación das enmendas parciais unha vez superado o primeiro obstáculo da tramitación parlamentaria nos últimos días.

Así o dixo nunha entrevista este domingo na Cadea Ser, onde a política ferrolá asegurou que o proxecto de contas estatais reserva partidas para Galicia "uns 20%" superiores á media e que a caída do 15% do investimento en termos xerais débese ás obras da conexión do tren de alta velocidade coa Meseta que se atopan xa avanzadas.

"Estou convencida de que a ministra de Facenda, agora que empeza o debate en grao sumo relevante que son as emendas parciais, vai facer un traballo firme e, por suposto, que hai marxe de mellora", manifestou Yolada Díaz, que considera que o proxecto de orzamentos superou "o trámite máis importante" co rexeitamento ás emendas á totalidade o pasado xoves.

Neste punto, a ministra manifestou que considera "dificilmente explicable" a postura do BNG, que presentou a súa propia emenda á totalidade a uns orzamentos contra os que, segundo Díaz, "non hai proposta alternativa" e "non" constitúen "un punto de chegada" senón de partida.

Así, defendeu que o Executivo que preside Pedro Sánchez e do que forma parte manteña un diálogo para solicitar o apoio da esquerda abertzale, unha postura contra a que cargaron varias voces do propio Partido Socialista.

Tras remarcar que "é lexítimo" que o Goberno central busque en primeiro lugar alianzas coas formacións que facilitaron a investidura, Yolanda Díaz subliñou que manter "conversacións con todo o mundo" forma parte da política.

"Dixemos que iamos empezar polo bloque da investidura e iso é o que estamos a facer. Isto é lexítimo, é política", incidiu a ministra antes de aseverar que "todo o mundo pactou con Bildu ou Esquerra, con todas as forzas políticas, incluído o PP máis duro de Aznar". "Non se cal é o problema", apostilou.

AMPLIAR OS ERTES

Cuestionada sobre a posibilidade de ampliar os ERTE, cuxa prórroga foi demandada polo presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para o sector da hostalaría, a mandataria agradeceu ao titular da Xunta que "por fin recoñeza que esta ferramenta é positiva".

A continuación, Díaz incidiu en que o ERTE é "unha ferramenta que veu para quedar e acompañará aos sectores que o precisen mentres sexa necesario".

ALCOA

"Hai que seguir loitando contra Alcoa", remarcou a ministra de Traballo, que defendeu o traballo común que, di, levan a cabo Administración autonómica e central para evitar o peche da factoría da multinacional en San Cibrao.

Así as cousas, manifestou que "sempre" foi partidaria da intervención pública da planta, á vez que valorou o fallo do TSXG que impide a paralización da cuba como medida cautelar, xa que recoñece o "interese público" da factoría mariñá.


Comentarios
Lo más