Luns sen chuvia e ceos despexados en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 17 graos
O luns Galicia recuperará a influencia anticiclónica. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente nubrados na primeira metade do día, con néboas matinais, e con ceos pouco nubrados ou despexados pola tarde. As temperaturas mínimas experimentarán un notable descenso e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.