Domingo de chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 17 graos
Unha fronte moi activa atravesará Galicia durante a primeira metade do día, deixando ceos cubertos pola mañá, con precipitacións, que serán máis cuantiosas canto máis ó oeste. Xa pola tarde as chuvias quedarán en forma de chuvascos ocasionais que se irán retirando polo sueste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados na costa e máis frouxos no interior.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o domingo pola tarde e o martes pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que se manterán sen cambios.