miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábado gris en Compostela

Sábado gris en Compostela
Sábado gris en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 16 graos

O sábado Galicia volve quedar nunha zona intermedia entre as altas presións situadas no Mediterráneo e as borrascas do Atlántico. Así agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con máis nubes canto máis ó oeste, onde haberá chuvias de carácter feble, tipo orballo. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes no litoral, sobre todo entre Bares e Fisterra e moderados no resto.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o sábado e o domingo. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.

Comentarios
Lo más