A reforma de Concheiros arrinca este luns con cambios no tráfico
Dende as 8 da mañá
A reurbanización da rúa Concheiros arrinca este luns e trae consigo restriccións no tráfico dese mismo vial e do seu entorno. Os cambios na movilidade serán efectivos desde as 8 da mañá.
Os desvíos provisionais durante as obras quedarán do seguinte xeito: só se admitirá a circulación rodada por Concheiros en sentido saída cara á avenida de Lugo, polo que o sentido de entrada desde Rodríguez de Viguri quedará anulado. Ademais, a rúa das Fraguas, de dirección única, cambiará de sentido de circulación, sendo agora de subida desde Quiroga Palacios ata a praza San Pedro.
En cada tramo de obras, os traballos iniciaranse na beirarrúa impar, continuando despois pola parte central de calzada. En todo momento quedará habilitado o acceso peonil a portais e comercios, ben polas beirarrúas preexistentes, mediante pasarelas, ben polas beirarrúas novas en fase de pavimentos e acabados. Habilitarase o acceso de vehículos a garaxes segundo as fases de obra en execución. Os cortes no acceso necesarios temporalmente para a execución de obra serán comunicados con antelación.
Cambios no transporte urbano
Veranse afectadas as liñas 9, 13 e C5 do transporte urbano. A liña 9 (traxecto Cidade da Cultura – Casas Novas), a liña 13 (traxecto Belvís – Xeneral Pardiñas) e a liña C5, en lugar de acceder á rúa dos Concheiros desviaranse desde a avda. Rodríguez de Viguri pola rotonda coa avda. do Camiño Francés, Ánxel Casal, Pastoriza e rúa San Roque, continuando desde aí cos seus itinerarios habituais.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas:
*196, Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para as liñas 9 e C5: rúa Berlín; para a liña 13: Avda. de Lugo nº 22).
*220, Cruceiro de San Pedro.
*154, Campo da Angustia.
*557, San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
*639, Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).
As tres liñas desviadas, cando circulen fóra do seu traxecto habitual, realizarán como parada alternativa a situada na rúa San Roque.
Toda a información relativa á evolución das obras pode consultarse na páxina web:
www.remodelacionconcheiros.gal