miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chuvia, nubes e claros en Compostela

Chuvia, nubes e claros en Compostela
Chuvia, nubes e claros en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 12 e os 17 graos en Santiago

O xoves Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Así, os ceos quedarán parcialmente cubertos, con máis nubes no oeste da provincia da Coruña e norte de Pontevedra, onde mesmo se rexistrará algunha precipitación pola mañá. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións  o xoves e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.


Comentarios
Lo más