Día de tregua da chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 16 graos
As altas presións localizadas en Centroeuropa achegarán estabilidade durante esta xornada. Deste xeito amenceremos con algunhas nubes baixas e néboas en vales do interior. Tanto as nubes como as néboas iranse retirando co avance da mañá e a partir do mediodía o predominio será para os ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas serán algo máis baixas que nas xornadas anteriores, pero as máximas seguirán marcando valores suaves para a época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o martes. Haberá precipitacións o mércores e o xoves. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.