miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza baixo a chuvia

A semana comeza baixo a chuvia
A semana comeza baixo a chuvia

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 12 e os 16 graos

Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos, con precipitacións máis probables na franxa atlántica pola mañá, pero que de xeito ocasional poden estenderse a outros puntos pola tarde. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con algún intervalo de moderado no litoral norte.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións o luns e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán lixeiramente a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más