A chuvia seguirá sendo protagonista en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 16 graos
Non se agardan apenas cambios na situación meteorolóxica para o domingo, coas baixas presións preto de Galicia, achegando moita inestabilidade. Deste xeito, continuaremos con intervalos anubrados, con chuvascos que ocasionalmente poderían vir acompañados de aparato eléctrico polo oeste. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior.
En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o sábado, o domingo e o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios