miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian a falta de medidas de prevención no CHUS

Denuncian a falta de medidas de prevención no CHUS
Denuncian a falta de medidas de prevención no CHUS

Ademáis engaden que debería existir un control rigoroso en planta, zonas de espera e corredores con identificación mediante rexistro daquelas persoas que acceden ao lugar dos enfermos como visitantes ou acompañantes, de tal xeito que se garanta que non poidan acceder outras que non estean rexistradas e sen que poida haber máis ca unha cumprindo ao mesmo tempo esas funcións.

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia nun comunica que está a recibir queixas de pacientes ingresados nas planta do Hospital Clínico de Compostela por patoloxías graves distintas da COVID-19, nas que manifestan a súa alarma e inquietude pola falta de medidas de control e prevención contra a pandemia, tanto para os doentes como para os visitantes ou acompañantes.

"Temos constancia de que persoas inmunodeprimidas con alto risco de contaxio están sendo colocadas en cuartos compartidos de tres camas, sen ventilación, con réxime de visitas aberto e sen control por parte do persoal de planta. Debido ao reducido espazo e á atención que se lles presta ás persoas hospitalizadas, non se respecta en ningún momento a distancia de seguridade recomendada pola OMS. Os visitantes e acompañantes cambian ao longo do día libremente, sen restrición de ningún tipo, chegando a estar máis dun acompañante ou visitante ao mesmo tempo, polo que o grupo de persoas de contacto que acceden desde o exterior é amplo e imprevisible. As zonas de espera para tratamentos e consultas non está sometidas a ningún control de acceso e aforo", apuntan.

Considran que "non é comprensible que, mentres se insiste no mantemento de normas de seguridade e prevención en ámbitos laborais e sociais, esas mesmas recomendacións non se estean respectando no ámbito que as debía implantar de xeito exemplar, xusto no lugar e situación en que, que pola natureza do servizo e a situación das persoas atendidas, se require un maior grao de vixilancia fronte á pandemia".

Desde a Asociación apuntan que debería reducirse o número de pacientes por cuarto, como se recomenda en calquera dos lugares compartidos con persoas non conviventes, para garantir as distancias de seguridade e establecer a obriga de ventilación regular e controlada como se esixe noutros ámbitos da vida colectiva (ensino, administración, centro de traballo…).

Ademáis engaden que debería existir un control rigoroso en planta, zonas de espera e corredores con identificación mediante rexistro daquelas persoas que acceden ao lugar dos enfermos como visitantes ou acompañantes, de tal xeito que se garanta que non poidan acceder outras que non estean rexistradas e sen que poida haber máis ca unha cumprindo ao mesmo tempo esas funcións. Deste xeito, ademais, de se producir un contaxio, poderíanse identificar os posibles contactos. Debería facerse un cribado periódico no acceso á planta das persoas acompañantes que garanta, durante a instancia hospitalaria da persoa ingresada, que non sexan portadoras do virus.

"A insuficiencia de medios e a falta de reacción dos responsables sanitarios, que non adoptaron ningunha medida estrutural desde o mes de marzo, está afectando ao proceso de propagación da pandemia, ao nivel de infección das persoas e terá como consecuencia, a curto prazo, o colapso do sistema público de saúde. Por iso, desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS instamos a que, con carácter inmediato, se modifiquen os protocolos de funcionamento das plantas, se doten os servizos sanitarios de maiores medios materiais e humanos e se regule o réxime de visitas e acompañamento durante a vixencia da pandemia", finaliza.

Comentarios
Lo más