miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso abre o prazo para solicitar axudas para pemes e autónomos

Oroso abre o prazo para solicitar axudas para pemes e autónomos
Oroso abre o prazo para solicitar axudas para pemes e autónomos

As axudas oscilarán entre os 1500 e os 3000 euros

O Concello de Oroso xa abriu o prazo para solicitar as achegas do programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, destinadas a pemes e autónomos con actividade no municipio e afectados pola pandemia do coronavirus. 

En concreto, Oroso repartirá 134.583,62 euros en achegas, dos que o 80% serán aportados pola institución provincial e o 20% polo concello. 

Estas axudas da liña PEL-Reactiva poderán solicitalas os autónomos e microempresas que se viran afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE. 

As subvencións oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros, aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as. 

“Desde as administracións temos que activar todo tipo de medidas para axudar a sectores como a hostalería e o comercio”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Promoción Económica de Oroso, que lle demanda á Xunta de Galicia “que esté ao carón das pemes e os autónomos, xa que é realmente o goberno galego o que ten as competencias”. 

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de mamparas de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz ou gas. 


As solicitudes realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Concello. O prazo de presentación finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020. 

Comentarios
Lo más