miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

¿Qué podo facer e a onde pode ir cas novas restricións?

¿Qué podo facer e a onde pode ir cas novas restricións?
¿Qué podo facer e a onde pode ir cas novas restricións?

Entran en Vigor as 00:00 deste sábado

A Xunta publicou o 4 de novembro no Diario Oficial de Galicia novas restricións previstas para Santiago. Son as seguintes:

Obrigatoriedade do uso de máscara, mantemento da distancia interpersoal e hixiene de mans.  

Recoméndase ás persoas maiores de 75 anos, ás persoas vulnerables ao COVID-19 e a aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que presenten algunha alteración que faga inviable a súa utilización, que eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou establecementos abertos ao público, co fin de reducir os riscos derivados da coincidencia con outras persoas. 

Persoas con sintomatoloxía (febre, calafríos, tose, sensación de falta de are, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos): deberán permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario. 

Grupos de máximo 6 persoas. Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento familiar ou social en espazos públicos ou privados aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. (entrada en vigor: 00.00 h do 5 de novembro). Excepcións: 

  • Asistencia e coidado, incluíndo o acompañamento a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade 
  • Actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores, e administrativas. 
  • Actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais 


  • Práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. 


Limitación da entrada e saída de persoas no ámbito territorial formado polos seguintes concellos: Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra. 

1604580727peche perimetral 2


Excepcións: 

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.  
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.  
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.  


  • Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.  
  • Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables. 
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.  
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.  
  • Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.  



  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.  
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.  
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada. 



Limitación da liberdade de circulación das persoas durante as 23:00 e as 6:00 horas. Excepcións:  


  • adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.  
  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.  
  • Asistencia a centros de atención veterinaria por urxencia.  
  • Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.  
  • Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.  



  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.  
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.  
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.  
  • Repostaxe en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores. 




  • ACTIVIDADES DE FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS: Peche de actividades 


  • VELORIOS E ENTERROS 
  • Velorios 


  • Ao aire libre: 25 persoas (conviventes ou non) 
  • Espazos pechados: 10 persoas (conviventes ou non) 


  • Enterros: 25 persoas (conviventes ou non) 


  • LUGARES DE CULTO 


  • Aforo máximo do 50%, cun límite máximo de 25 persoas. 
  • Prohíbese a utilización do exterior do edificio ou da vía pública para a celebración de actos de culto 



  • CELEBRACIÓNS CON MOTIVO DE CERIMONIAS RELIXIOSAS OU CIVÍS 
  • As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás restricións previstas para estes establecementos. 


  • En todo caso: 


  • Ao aire libre: 100 persoas 
  • Espazos pechados: 50 persoas 


  • ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS RETALLISTAS E DE ACTIVIDADES DE SERVIZOS PROFESIONAIS ABERTOS AO PÚBLICO QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS 


  • Aforo máximo do 50%. 
  • Atención preferente a maiores de 75 anos 
  • ESTABLECEMENTOS QUE TEÑEN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS OU QUE FORMEN PARTE DELES 
  • Aforo máximo do 50% nos establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais situados en centros e parques comerciais. 
  • Os locais de hostalaría e restauración axustaranse ás restricións previstas para estes establecementos. 



  • Atención preferente a maiores de 75 anos. 
  • Prohibida a presenza de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos. Nestas zonas a capacidade queda limitada ao 33%. 
  • Prohibida a utilización das zonas recreativas (zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso), que deberán permanecer pechadas 



  • MERCADOS QUE DESENVOLVEN A SÚA ACTIVIDADE NA VÍA PÚBLICA 


  • Non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados 



  • ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS E ENTIDADES DE FORMACIÓN 
  • Aforo máximo do 50% 



  • ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN 
  • Peche temporal dos establecementos. 
  • Poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio 
  • Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante.  


  • Aforo máximo do 50% 


  • Consumo sentado na mesa. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes. 



  • ZONAS COMÚNS DE HOTEIS E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS 
  • Actividades de animación / clases grupais: máximo 6 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores 



  • ALBERGUES TURÍSTICOS 
  • Aforo máximo do 50% 



  • BIBLIOTECAS, ARQUIVOS, MUSEOS, SALAS DE EXPOSICIÓNS, MONUMENTOS E OUTROS EQUIPAMENTOS CULTURAIS 
  • Prohíbense as actividades en grupo, agás grupos de conviventes, excluído o monitor ou guía. 


  • CINES, TEATROS, AUDITORIOS E ESPAZOS SIMILARES, E RECINTOS AO AIRE LIBRE E OUTROS LOCAIS E ESTABLECEMENTOS DESTINADOS A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS 
  • Ao aire libre: 75 persoas 
  • Espazos pechados: 30 persoas 
  • Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública 


  • Ao aire libre: 150 persoas 
  • Espazos pechados: 50 persoas 



  • CENTROS DE LECER INFANTIL 
  • Peche temporal da actividade. 


  • ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS 
  • Actividade deportiva federada: rexerase polos protocolos específicos previstos. 
  • Actividade física e deportiva non federada 


  • Ao aire libre: práctica individual ou colectiva (só conviventes), sen contar o monitor e sen contacto físico 
  • Instalacións e centros deportivos:  


  • Só está permitida a práctica individual. 
  • Aforo do 50%.  


  • Piscinas:  
  • De uso deportivo:  
  • 50% de aforo, cun máximo de 100 persoas. 


  • Obrigatoriedade do uso da máscara para accesos e desprazamentos 


  • Recreativas de uso colectivo: peche da actividade. 
  • EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS DEPORTIVAS  
  • Poderán desenvolverse con público, sempre sentados. 
  • Aforo máximo do 50% 


  • Ao aire libre: 75 persoas 
  • Espazos pechados: 30 persoas 


  • Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública 
  • Ao aire libre: 150 persoas 
  • Espazos pechados: 50 persoas 


  • ACTIVIDADES TURÍSTICAS 
  • Actividades de turismo, organizadas pro empresas habilitadas, e actividades de guía turístico 
  • Grupos de máximo 5 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía 



  • ACTIVIDADES TURÍSTICAS ORGANIZADAS POR EMPRESAS HABILITADAS E ACTIVIDADE DE GUÍA TURÍSTICO 
  • Grupos de máximo 6 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía. 
  • CENTROS E PUNTOS DE INFORMACIÓN E CASETAS 
  • Aforo máximo do 50%. 
  • Grupos de máximo 6 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía. 



  • CENTROS RECREATIVOS TURÍSTICOS OU SIMILARES 
  • Aforo máximo do 50%. 
  • Grupos de máximo 6 persoas (conviventes ou non), incluído o monitor ou guía. 
  • ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL 

As actividades realizaranse en grupos burbulla de 6 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores, e sen contacto entre os demais grupos 

  • Ao aire libre: 50% da asistencia habitual, cun máximo de 50 persoas, incluídos os monitores 
  • Espazos pechados: 50% da asistencia habitual, cun máximo de 25 persoas, incluídos os monitores 


  • CENTROS CÍVICOS E SOCIAIS 


  • Aforo máximo do 50% 
  • Actividades en grupo: 6 persoas (conviventes ou non), incluídos os monitores 



  • PARQUES E ZONAS DEPORTIVAS DE USO PÚBLICO AO AIRE LIBRE (parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos similares) 
  • Capacidade máxima de 1 persoa / 4 m2 


  • CELEBRACIÓN DE CONGRESOS, ENCONTROS, REUNIÓNS DE NEGOCIO OU PROFESIONAIS, CONFERENCIAS, EVENTOS E ACTOS SIMILARES (incluídas reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e similares) 
  • Aforo máximo do 50% 
  • Ao aire libre: 75 persoas 
  • Espazos pechados: 30 persoas 


  • Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública 


  • Ao aire libre: 150 persoas 
  • Espazos pechados: 50 persoas 


  • ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE XOGO E APOSTAS 


  • Peche temporal da actividade. 



  • OUTROS LOCAIS OU ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS 
  • Aforo máximo do 50% 
  • Ao aire libre: 75 persoas 


  • Espazos pechados: 30 persoas 


  • Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública 
  • Ao aire libre: 150 persoas 
  • Espazos pechados: 50 persoas 
  • Non será de aplicación aos seguintes establecementos  


  • Establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade e alimentos para animais de compañía 
  • Establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos ou produtos hixiénicos 
  • Salóns de peiteado 
  • Prensa e papelaría 
  • Combustible para automoción 
  • Estancos 
  • Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia 
  • Lavandarías e tinturarías 


PECHE TEMPORAL DE ACTIVIDADES NON ESENCIAIS 

  • Espectáculos públicos: 


  • Espectáculos taurinos. 
  • Espectáculos circenses. 
  • Espectáculos feirais e de exhibición. 
  • Espectáculos pirotécnicos. 


  • Actividades recreativas: 


  • Actividades culturais e sociais. 
  • Actividades de ocio e entretemento. 
  • Atraccións recreativas. 
  • Actividades de restauración. 
  • Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas. 


ESTABLECEMENTOS PECHADOS AO PÚBLICO 

  • Establecementos de espectáculos públicos. 
  • Circos. 
  • Prazas de touros. 
  • Recintos feirais. 
  • Establecementos de actividades recreativas. 
  • Establecementos de xogo. 
  • Casinos. 
  • Salas de bingo. 
  • Salóns de xogo. 
  • Tendas de apostas. 
  • Establecementos para actividades deportivas. 
  • Pistas de patinaxe. 
  • Piscinas recreativas de uso colectivo. 
  • Establecementos para atraccións e xogos recreativos. 
  • Parques de atraccións e temáticos. 
  • Parques acuáticos. 
  • Salóns recreativos. 
  • Parques multiocio. 
  • Establecementos para actividades culturais e sociais. 
  • Salas de concertos. 
  • Establecementos de restauración. 
  • Restaurantes. 
  • Salóns de banquetes. 
  • Cafetarías. 
  • Bares. 
  • Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas. 
  • Establecementos de ocio e entretemento. 
  • Salas de festas. 
  • Discotecas. 
  • Pubs. 
  • Cafés-espectáculo. 
  • Furanchos. 
  • Centros de lecer infantil. 


Quedan por tanto exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos: 


  • Espectáculos públicos: 


  • Espectáculos cinematográficos. 
  • Espectáculos teatrais e musicais. 
  • Espectáculos deportivos. 
  • Actividades recreativas: 
  • Actividades deportivas. 


ESTABLECEMENTOS ABERTOS AO PÚBLICO 

  • Cines 
  • Teatros 
  • Auditorios 
  • Establecementos de espectáculos deportivos 
  • Estadios, pavillóns e recintos deportivos 
  • Ximnasios 
  • Piscinas de competición 
  • Museos 
  • Bibliotecas 
  • Salas de conferencias e salas polivalentes 
Comentarios
Lo más