Tempo frío e seco en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 15 graos
Galicia estará durante o xoves baixo a influencia dunha borrasca situada ó oeste de Lisboa. Así, agárdanse ceos alternando nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco máis probable canto máis ó sur. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará forte do nordés a primeiras horas do día e irá amainando co avance da xornada e collendo dirección leste.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o do venres pola noite ó sábado pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán notablemente e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán. Vento forte do Nordeste o mércores pola noite.