Os pensionistas non faltan á súa cita co Obradoiro
En defensa dunhas pensións dignas
Este luns, dous de novembro, a Plataforma Pensionistas Compostela volveu a concentrarse ás doce da mañá na praza do Obradoiro en defensa dunhas pensións dignas e duns servizos sociosanitarios a maiores e dependentes, públicos e de calidade.
"Volvemos porque tampouco podemos silenciar que son moit@s @s pensionistas que viven no limiar da pobreza, moitas as mulleres que sofren a fenda de xénero en salarios e pensións, moitas as viúvas que seguen sen cobrar o 100% da súa base reguladora, e que seguen a esperar que a Reforma do Sistema de Pensións poña fin a tales situacións", apuntan dende a Plataforma.
Neste acto tamén se informou aos asistentes sobre os contactos que a Plataforma está a ter con representantes do Concello, respecto da súa participación na constitución do Consello de Persoas Maiores