miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian cobros excesivos na factura da auga en Ames

Denuncian cobros excesivos na factura da auga en Ames
Denuncian cobros excesivos na factura da auga en Ames

O Partido Popular pon a disposición da veciñanza, a partir do día 2 de novembro, o teléfono do Grupo Municipal 981377668 en horario de mañá, para resolver dúbidas e prestar asistencia. 

"Nin control nin supervisión, ese é o resumo da actuación do goberno tripartito de Ames que, a pesar de ser o que conta con máis dedicacións exclusivas e  co alcalde mellor pagado da contorna, incumpre as súas obrigas e prexudica á veciñanza", así o apuntan os Populares nun comunicado. 

Así de contundentes se amosan os populares de Ames ante as numerosas queixas da veciñanza polos “cobros excesivos” nos recibos da luz. E é que segundo din “no mellor dos casos, non verán compensados os seus recibos ata o terceiro trimestre”, apostillan. “Non é admisible que sexa a veciñanza a que teña que vixiar a correcta aplicación dun procedemento complexo e no que os cambios de tramo supoñen grandes subas na factura”, sinalan dende o partido. Poñen á disposición dos afectados a partir de mañá o número 981 377668 para resolver calquera dúbida ao respecto.  

Comentarios
Lo más