miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Luns gris e pasado por auga en Compostela

Luns gris e pasado por auga en Compostela
Luns gris e pasado por auga en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 17 graos en Santiago

O luns Galicia estará afectada pola chegada dunha fronte fría que traerá chuvias e deixará aire frío ao seu paso, retirando a masa de aire cálido de xornadas anteriores. Polo tanto, comezaremos o día cos ceos cubertos e chuvias na metade oeste. Co avance da xornada as chuvias chegarán ao leste, mentres que na franxa atlántica comezarán a abrirse claros. As temperaturas non terán cambios significativos durante o día, cun acusado descenso cara á noite e de madrugada. Vento forte do suroeste a primeiras horas, virando a frouxo de compoñente norte co paso da fronte.

En Santiago teremos ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións do domingo pola mañá ó luns pola tarde e o mércores pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso moderado.

Comentarios
Lo más