miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lousame sigue adiante coa cuarta edición do Trail San Silvestre ‘Castelo de San Mamede'

Lousame sigue adiante coa cuarta edición do Trail San Silvestre ‘Castelo de San Mamede'
Lousame sigue adiante coa cuarta edición do Trail San Silvestre ‘Castelo de San Mamede'

A alcaldesa presentou este novo evento deportivo no que a natureza é a protagonista / O foco da organización nesta edición está posta nas medidas sanitarias

O Concello de Lousame presentou a cuarta edición do Trail San Silvestre de Lousame “Castelo de San Mamede” xunto a segunda edición do Pequetrail e da cuarta andaina solidaria coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. No acto de presentación, presidido pola alcaldesa de Lousame, participaron os técnicos de deporte Néstor Romero e German Romero, e o técnico de Xuventude, José M. Outeiral, e o xerente de Emesports, Ezequiel Mosquera.

Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, explicou que “natureza e deporte danse a man nesta actividade, que se deseñou en base as medidas hixiénico-sanitarias determinadas polas autoridades sanitarias dun xeito moi rigoroso”. Segundo detallou a alcaldesa, “está e unha oportunidade para desfrutar da beleza dos espazos naturais de Lousame, e practicar deporte nunha contorna segura”.

Esta nova edición celebrarase a última fin de semana do ano, o 26 e 27 de decembro. A andaina terá lugar o sábado 26 de decembro, a saída será dende o polideportivo ás 10:00 horas, e poden asistir un máximo de 50 persoas. O Pequetrail, na tarde do 26 de decembro, sairá ás 16:15 horas do Parque de San Lourenzo. O domingo 27 terá lugar o Trail, que ten dúas versións, a curta e a longa. No caso do trail co percorrido máis curto será de 14 quilómetros e a súa saída está programada para ás 11:00 horas. Pola súa banda, o trail maís longo ten un percorrido de 25 quilómetros, e a saída será ás 10:00 horas.

As saídas e entradas estarán moi controladas neste caso, as medidas de control serán moi rigorosas neste caso. Así, haberá unha zona Covid na que se tomará a temperatura a todos os asistentes, e todos aqueles que teñan unha temperatura superior a 37º non poderán participar. Asemade, os participantes deberán enviar unha declaración na que certifiquen non estar contaxiado por Covid-19 nin ter síntomas antes da proba. A máscara é obrigatoria dende a saída ata un certo marxe ao igual que a entrada, durante o percorrido non será necesaria, pero sempre que se adiante a un corredor haberá que volver a poñela. A meta será desaloxada tras a chegada de cada corredor, que pasará  a unha zona diferenciada, onde poden recoller unha bolsa individual con bebida e froita. Se ben, nesta ocasión non haberá desprazamentos colectivos como autobuses, non haberá tampouco garda roupa nin duchas.

As inscricións poden realizarse a través da páxina web www.emesports.com a partir do mércores 28 e outubro ata o 20 de decembro. En caso de que a situación sanitaria evolucione de xeito non favorable e houbese que limitar máis os aforos, os organizadores primarán a orde de inscrición.

Tanto o Concello de Lousame como as distintas entidades participantes mostraron o seu agradecemento aos voluntarios e ao grupo de protección civil pola súa implicación coa organización deste evento. 

Comentarios
Lo más