miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cambios no tráfico na zona de Conxo

Cambios no tráfico na zona de Conxo
Cambios no tráfico na zona de Conxo

Este mércores 28

Debido aos traballos de acondicionamento do Camiño de Santiago que está realizando a Xunta, a partir do vindeiro mércores 28 de outubro vanse realizar os seguintes cambios na circulación na zona de Conxo:

- O Campo de Conxo, que dá acceso á igrexa, vai quedar nun só sentido de circulación (de entrada dende a rotonda da SC-20) e rematará nunha rotonda que se creará á altura da empresa Televés. A partir de aquí volverá ser unha rúa de dobre sentido de circulación.

- Todas as rúas que desembocan na rúa Benéfica de Conxo sairán cara a esta nova rotonda: a rúa da Fervenza, á esquerda, e tanto a travesa de Conxo como a rúa de Conxo de Abaixo, cara á dereita.

Os traballos teñen unha duración estimada de 2 meses.

Cambios no transporte urbano

As liñas que circulan pola zona terán que realizar desvíos a partir das 8:30 do mércores.

- Desde a rotonda de Conxo cara ao Campo e a Benéfica de Conxo, os autobuses poderán circular con normalidade.

- Desde a Benéfica de Conxo cara á rotonda de Conxo, as liñas 5 en sentido Vite, 12 e C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido na rotonda de nova creación, voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itineario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

- Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

Comentarios
Lo más