miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xuntanza en Raxoi co presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia

Xuntanza en Raxoi co presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia
Xuntanza en Raxoi co presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia

No encontro, no que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e Foro Hérnandez, asesor da IXP

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu  a Jesús González Vázquez, presidente do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia. No encontro, no que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e Foro Hérnandez, asesor da IXP, falouse do proxecto de obra da sede da entidade, ao que xa se lle concedeu a licenza de execución o pasado mes de maio.

A sede do Consello Regulador da IXP Vacún de Galicia (Ternera Gallega) estará situada na parcela EQ-2 do SUNP-5, na zona da Muiña, preto do Mercado de gando de Amio. A carne comercializada baixo o amparo desta indicación xeográfico protexida é exclusivamente de tenreiros nados, criados e sacrificados en Galicia, que proceden de razas autóctonas e os seus cruces e que superaron un riguroso programa de control integral.

O control abarca desde o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e coidados sanitarios, ata o seu sacrificio e presentación da carne nos puntos de venda, todo iso de acordo co establecido na lexislación vixente. A alimentación dos tenreiros baséase no leite materno, forraxes e concentrados procedentes de vexetais e exentos de calquera subproducto animal ou sustancia prohibida. Ese control do proceso permite que a carne comercializada baixo a denominación de orixe Ternera Gallega teña a máxima calidade e garantía. 

Comentarios
Lo más