Chega a chuvia a Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 18 graos
O luns unha borrasca aproximarase a Galicia achegándonos unha fronte moi activa que traerá choiva intensa e ventos fortes. Así, espérase unha xornada que comezará con ceos nubrados e a partir do mediodía con choivas localmente intensas que se estenderán de oeste a leste a toda a comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.
En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o luns, o martes e o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente. Vento forte do Sudoeste o luns pola tarde.