miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Padrón realiza accións de mellora nas pistas de tenis municipais

Padrón realiza accións de mellora nas pistas de tenis municipais
Padrón realiza accións de mellora nas pistas de tenis municipais

O uso das instalacións deportivas tamén se incrementará grazas á celebración de competicións federadas

O Concello de Padrón realiza accións de mellora nas instalacións deportivas municipais, de cara a potenciar o seu uso entre a cidadanía e co obxectivo de que sexan máis accesibles e seguras. Así, durante estas semanas comezaron os traballos nas pistas de tenis de Iria, nas que se corrixiron desniveis e irregularidades, se pintou, se mellorou o perímetro e nas que se iniciou un proxecto de iluminación.

O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, sinalou que “as actuacións nas instalacións deportivas realízanse de xeito periódico, posto que dende o executivo local priorizamos a seguridade dos nosos veciños, especialmente, na situación na que nos atopamos na actualidade por mor da Covid-19”.

Neste contexto, o Concello de Padrón decidiu poñer a disposición dos veciños e veciñas redes de tenis e de pádel gratuítas, que deben ser solicitadas previamente a través da oficina de deportes do Centro Social, no teléfono 664 076 974. O horario de atención é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres,e  para efectuar a entrega e preciso presentar o DNI e dar os datos de contacto.

Competicións Federadas


O uso das instalacións deportivas tamén se incrementará grazas á celebración de competicións federadas como, por exemplo, o Campionato por equipos autonómico de maiores de 35, no que participa o clube W de tenis de Padrón. A primeira xornada desta competición terá lugar hoxe, e dará comezo ás 15:00 horas. 

Comentarios
Lo más