Tempo fresco pero seco en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 16 graos
As altas presións serán máis predominantes durante esta xornada, aínda que os ventos do norte seguirán achegando humidade. Comezaremos a xornada con ceos moi nubrados ou cubertos, con chuvias no terzo norte. Co avance do día remiten as chuvias, con tendencia á apertura de grandes claros. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso lixeiro.