miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PP aplaude que Bugallo pense en subir as multas por festas en pisos

O PP aplaude que Bugallo pense en subir as multas por festas en pisos
O PP aplaude que Bugallo pense en subir as multas por festas en pisos

Os Populares xa explicaron, en diversas ocasións, que a Ordenanza municipal de ruídos deixaba marxe para un incremento, sen ter que agardar a unha habilitación legal autonómica

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez Brunete, expresou a súa satisfacción polo feito de que o alcalde dera, “por fin”, as indicacións oportunas para incrementar as sancións municipais polas festas nos pisos, tal e como viñeron solicitando os Populares nas últimas semanas, toda vez que a Ordenanza municipal non limita esas sancións a 200 euros.

Foi hoxe mesmo, en Xunta de Portavoces, cando o alcalde comunicou que solicitara un informe á asesoría xurídica a fin de elevar a contía das sancións por producir molestias á veciñanza.

Os Populares lembran que a Ordenanza municipal ofrece unha ampla marxe de subida, dado que as molestias producidas polas festas nos pisos poden sancionarse cunha multa que vai desde os 60 ata os 1.500 euros. Aínda que sen concorrer circunstancias agravantes, como a reincidencia, a sanción non pode impoñerse no seu grado máximo, si que pode impoñerse nunha contía superior aos 200 euros, a fin de garantir o carácter disuasorio de multa, toda vez que a propia lei contempla que “el establecimiento de sanciones pecuniarias deberá prever que la comisión de las infracciones tipificadas no resulte más beneficioso para el infractor que el cumplimiento de las normas infringidas”.

Para o Grupo Municipal Popular, o feito de querer agardar por unha maior habilitación legal autonómica non tiña que converterse en pretexto para non aproveitar as posibilidades da propia Ordenanza Municipal e non semellaba moi xusto ser implacable cos condutores e non reaccionar ante condutas que neste momento están a xerar unha maior alamar social.

Comentarios
Lo más