Nubes e claros este martes en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 17 graos
O martes Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao nordeste de Azores e un centro de baixas presións sobre o norte de Francia. Polo tanto, teremos ceos parcialmente anubrados con precipitacións intermitentes no terzo norte e alternancia de nubes e claros no sur do territorio. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.