Día festivo e gris en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 17 graos
O luns Galicia continuará baixo o dominio das altas presións situadas ao nordeste de Azores. Deste xeito, teremos néboas matinais en comarcas do interior e ceo despexados na metade sur do territorio. Nas provincias de A Coruña e Lugo os ceos estarán parcialmente cubertos, con precipitacións febles polo norte pola tarde debido a chegada dunha fronte pouco activa. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o luns pola noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.