miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Esixen unha investigación e que se depuren responsabilidades pola xestión da Escola de Música

Esixen unha investigación e que se depuren responsabilidades pola xestión da Escola de Música
Esixen unha investigación e que se depuren responsabilidades pola xestión da Escola de Música

Os Populares queren saber si o Goberno, á vista das múltiples advertencias de ilegalidade, pode asegurar que vai manter aberto o centro ata a regularización do contrato

O Grupo Popular esixe unha investigación e que se depuren responsabilidades pola xestión da Escola de Música, tal e como ven suxerindo desde hai meses a propia Intervención municipal.

Desde hai practicamente tres anos, o Concello venlle aboando as facturas a unha empresa sen contrato, que nin sequera se presentou ao último concurso convocado para xestionar a Escola Municipal de Música. A xuízo da Intervención, tal abono de facturas sen contrato previo “debería utilizarse en casos moi concretos e singulares e non como unha solución procedimental máis en casos de incumprimento de normativa de contratación”.

O feito de que o Concello porfíe, desde hai tres anos, en manter a unha empresa sen contrato motivou que a Intervención, dun xeito reiterado, lembrase que o abono das facturas á empresa sen contrato “de ningún xeito depura as eventuais responsabilidades que puidesen deducirse das actuacións e feitos” que orixinaron os gastos. Esa investigación e a posible esixencia de responsabilidades patrimoniais alcanzaría ao anterior goberno de Compostela Aberta -causante da situación de ilegalidade durante ano e medio- así como á ex concelleira Noa Díaz -a quen os Populares consideran “prófuga das responsabilidades municipais”- e aos membros do Goberno local de Sánchez Bugallo.


Decenas de informes: 2,114 kilos

A situación de ilegalidade na que se mantén a prestación do servizo da Escola de Música é advertida desde hai máis de dous anos pola Intervención municipal, en sucesivos Informes. Só no actual mandato, a Intervención emitiu máis de 20 sobre o mesmo expediente. En todos eles, reitéranse as advertencias de ilegalidade e se fala literalmente de “contratación expresamente prohibida”, “encargo de prestacións prescindindo do procedemento establecido”, “a existencia de vicio consistente na ausencia non dalgún dos trámites esenciais ou indispensables do procedemento senón do procedemento mesmo”, “actuacións administrativas nulas de pleno dereito”, e así sucesivamente durante meses e meses.

Pese a rotundidade e á reiteración das advertencias e reparos, o Goberno de Sánchez Bugallo nada fixo por corrixir de xeito inmediato ou nun breve período de tempo a situación de ilegalidade periodicamente advertida pola Intervención Municipal.

A reiteración das infrutuosas advertencias é tal que os Populares quixeron evidenciar a gravidade do comportamento do Goberno mostrando e pesando nunha báscula os máis de dous quilos de informes da Intervención contrarios á xestión que o Goberno local ven facendo da Escola de Música. “O da Escola de Música é un exemplar de expediente administrativo irregular como non viramos en moito tempo”, sinalaron os Populares, Alejandro Sánchez-Brunete, Ramón Quiroga e María Castelao. “Dous quilos non é o peso do expediente, advirten; dous quilos é o peso dos sucesivos informes que sinalan, infrutuosamente, a irregularidade do mantemento dunha empresa sen contrato e os pagos realizados”.

Pagos indebidos

Aínda que á empresa que presta irregularmente o servizo haxa que aboarlle o custo da prestación realizada, tal abono “en ningún caso pode incluír beneficio industrial”, como ten advertido tamén reiteradamente a Intervención municipal, abono indebido que, presumiblemente, si se fixo.

Así mesmo, os Populares advirten, de acordo cos últimos informes da Intervención, que nos últimos meses se autorizaron pagos á empresa de cantidades correspondentes a supostos servizos que resultaban dificilmente realizables no contexto das restricións da Covid. Ë por todo iso, polo que o Grupo Popular esixirá unha revisión dos pagos.

Comentarios
Lo más