Venres gris pero sen chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 21 graos
O venres Galicia continuará na influencia das altas presións, aínda que unha fronte pouco activa chegará ao litoral norte a partir do mediodía. Así, agárdanse ceos con bancos de néboa matinais e con alternancia de nubes e claros en xeral, agás no norte das provincias da Coruña e Lugo onde os ceos estarán más anubrados e mesmo non se pode descartar algunha chuvia feble. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará frouxo, de dirección variable.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado.