Cortes nun ramal da avenida de Lugo e na rúa do Home Santo
Por mor de obras
Este martes día 13 de outubro, dende as 9,30 ata as 13,30 horas, o ramal de entrada á rotonda inferior da avenida de Lugo dende a rúa do Hórreo vai quedar cortado ao tráfico por mor das obras que se están executando na rúa Clara Campoamor.
Os vehículos que queiran acceder á rúa Bernardo Barreiro dende a rúa do Hórreo ou dende o túnel deberán continuar ata a rotonda da avenida de Lugo co vial da SC-20 para regresar polo carril de servizo e incorporarse á rotonda inferior.
Corte de tráfico na rúa do Home Santo
Tamén desde o martes 13 e ata o venres 16 de outubro a entrada á rúa do Home Santo dende a avenida de Lugo vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras que se están executando. Os garaxes que se atopan no tramo da rúa comprendido entre a avenida de Lugo e a rúa da Angustia deberán facer a súa entrada e saída dende esta última.