O alcalde reuniuse co arquitecto Souto de Moura
Gañador do Premio Pritzker en 2011
Xosé Sánchez Bugallo mantivo este xoves unha xuntanza co arquitecto portugués Eduardo Souto de Moura no Pazo de Raxoi, no que tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
Eduardo Souto de Moura é un recoñecido arquitecto, gañador do Premio Pritzker en 2011, cun traballo estreitamente vinculado ao dos tamén portugueses Álvaro Siza e Fernando Távora, que foron os seus mentores.
En 1980 diplomouse en arquitectura na Escola Superior de Belas Artes do Porto, onde se destacou como catedrático de 1981 a 1991. Foi docente convidado nas universidades de París-Belville, Harvard, Dublín, Navarra, Zúric e Lausana. Tras a colaboración no estudo de Álvaro Siza entre 1974 - 1979, estableceu o seu propio despacho laboral en 1980. No ano 2011 foi galardoado co prestixioso Premio Pritzker de arquitectura, e en 2013 o Premio Wolf das Artes.