miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alumnos do Programa de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre aprenderon a buscar emprego no estranxeiro

Alumnos do Programa de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre aprenderon a buscar emprego no estranxeiro
Alumnos do Programa de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre aprenderon a buscar emprego no estranxeiro

O programa, que finalizará en novembro, serviu para que 52 dos 100 participantes atoparan traballo nestes meses

A Asociación Área Emprearial do Tambre celebrou esta semana a xornada “Mobilidade laboral e procura de emprego por Europa”, incluída no marco do Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre 2019/20.

A súa finalidade foi ofrecer aos participantes un coñecemento e unha actitude positiva cara á mobilidade laboral e a procura de emprego no estranxeiro, nun mercado laboral dinamizado e globalizado como o actual. A xornada foi presencial para os nove asistentes e a través de videoconferencia para os relatores. Dadas as medidas de prevención instauradas en Santiago pola covid- 19, a sesión contou cun máximo de nove participantes de moi diferentes perfís. O rango de idade estivo comprendido entre os 20 e os 40 anos, a maioría con estudos básicos e algunha persoa con estudos superiores.

Os relatores foron Rosa Sánchez Santos, técnico de xestión en Uninova, que falou do programa CE Eramus for Young Entrepreneurs; Cristina Villadóniga, técnica en Asuntos Europeos de Europe Direct Coruña, que presentou a súa entidade; Jonatan Santos Seoane, técnico Junior de Asuntos Europeos na Fundación Galicia Europa, que falou do corpo de voluntariado europeo; e José Manuel Maceira da Confederación Empresarios de Galicia (CEG), que presentou a entidade e a Rede Eures.

Fin da quinta edición

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) ten en marcha a quinta edición do seu Programa Integrado de Emprego, financiado pola Xunta de Galicia con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, a través do servizo de Programas Mixtos da dirección xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Nesta edición, que finalizará o 14 de novembro, a asociación traballa con 100 participantes, 65 mozos e mozas menores de 30 anos con baixo nivel de estudos e 35 mulleres desempregadas con diferentes niveis formativos. O programa conta tamén cunha dimensión formativa sobre motivación, habilidades comunicativas, idiomas ou informática, destinadas a mellorar a empregabilidade dos participantes.

Desde o inicio do en novembro de 2019 realizáronse 29 formacións e actividades individuais de información e asesoramento, dezaseis persoas fixeron prácticas en empresas, e atoparon traballo 52 participantes. Actualmente, estase impartindo o Certificado de Profesionalidade de Dinamización de actividades de tempo de lecer educativo infantil e xuvenil.

Comentarios
Lo más