Mes da astronomía na biblioteca Ánxel Casal
Un ano máis, a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago levará a cabo o Mes da Astronomía que se celebrará no mes de outubro e no marco do Congreso Público Astronomía nas Rutas Xacobeas
José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da USC e Jesús Torres Junquera, director da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, deron a coñecer o programa de actividades, que se desenvolverá do seguinte xeito:
– Mércores 14 de outubro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 7 a 10 anos. A Óptica Val regalará un planisferio celeste a cada asistente. A actividade desenvolverase no salón de actos de 18.30 a 19.30h. As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 17.30h. O número máximo de participantes é de 15.
– Mércores 21 de outubro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 11 a 14 anos. A actividade desenvolverase no salón de actos de 18.30 a 19.30h. As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 17.30h. O número máximo de participantes é de 15.
– Mércores 21 de outubro: Observación do ceo nocturno con telescopio (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día). A actividade iniciarase ás 20.00h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora. As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 17.30h. O número máximo de participantes é de 15.
En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade. Ademais, todas as persoas participantes nestas actividades deben levar máscara e lavar as mans con xel hidroalcólico.
Coa finalidade de completar este mes astronómico, a Biblioteca ofrece na sala infantil desde o 5 ata o 31 de outubro a mostra bibliográfica "Mes da Astronomía" na que amosa os fondos que posúe sobre esta materia para os máis pequenos e pequenas.